O mes de abril estivo cheo de acontecementos e de actividades no exterior... e iso debeuse a tregua que nos deu o tempo coa chegada da primavera. Polo que aproveitamos os días soleados para gozar e xogar no parque...
Carreira de caracois: cal chegará antes á meta?
Que nervios!
...plantar unha das nosas froitas preferidas converténdonos en grandes agricultores/as, xa que íamos coa lección aprendida de todo o proceso de cultivo.
Non obstante, tamén trouxemos das nosas casas sementes e plantas varias co propósito de contribuír á mellora do planeta, cadrando coa conmemoración do día da TERRA:
porque con pequenas aportacións podemos facer grandes cousas en prol da natureza!!!
A primavera tamén chegou as aulas de infantil e corredoiros do cole a través das nosas decoracións!
E para dar a benvida ó mes de maio, celebramos os Maios facendo uso da tradicional festa que dende hai moitos anos, vense celebrando na parroquia de Aldán.