A semana pasada, recibimos a visita do alumnado de 1º e 2º de Primaria que nos sorprenderon cun conto moi simpático e coa súa mascota!
Despois xogamos á caixa sorpresa, onde tiñamos que adiviñar, a través do tacto, as cousas que escondía no seu interior.
E entre outras, agochaba unha doce sorpresa que lles agasallamos con moita ilusión.
Agardamos repetir pronto esta experiencia!!
12 mayo 2015
09 mayo 2015
O MALETÍN CIENTÍFICO XA ESTÁ EN CIRCULACIÓN!
A ciencia xa chegou á clase de 3 anos, e non pensa marchar!!!
Xa está a viaxar polas casas o "maletín científico" con experimentos que, sen dúbida, non nos deixarán indiferentes. Esperemos gocedes desta experiencia na compaña dos vosos fillos/as que, coma sempre, serán os principais protagonistas.
02 mayo 2015
OS MAIOS 2015
Cada 30 de abril, e como é tradición no cole, toca celebrar o Maio de Aldán confeccionando colgantes e coroas de xestas e flores!!
En Infantil, puxemos en marcha uns obradoiros nos que fixemos colgantes de "pampillos", e que bonitiños nos quedaron!!
En Infantil, puxemos en marcha uns obradoiros nos que fixemos colgantes de "pampillos", e que bonitiños nos quedaron!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)