28 mayo 2013

ANIVERSARIO CARMELA

HOXE ESTIVO DE ANIVERSARIO....CARMELA!!!!



ACABA DE CUMPRIR 5 ANIÑOS, E PARA CELEBRALO INVITOUNOS A DEGUSTAR UNHAS DELICIOSAS MADALENAS CASEIRAS.





MOITAS GRAZAS E...

12 mayo 2013

CORRELINGUA 2013

PEIXIÑOS

Miguel xa nos trouxo información sobre os peixes:


Despois de explicarnos algunhas das súas caracterñisticas: como comen, nacen, respiran, nadan,...durante as sucesivas semanas seguiremos afondando na súa forma de vida mediante diferentes recursos.
Animámosvos a seguir traballando cos vosos fillos/as buscando información, visionando documentais ou lendo libros.

07 mayo 2013

ANIVERSARIO DE XAVI

Hoxe, celebramos o aniversario de Xavi como ben se merece:
Decorando a súa coroa,


Cantando e bailando na súa honra,


Felicitándoo con moito agarimo,


E compartindo un delicioso biscoito caseiro de chocolate!! De requechupete!!!!




MOITAS FELICIDADES XAVI!!!

04 mayo 2013

EIQUÍ VEN O MAIO DO COLEXIO DE ESPIÑEIRA!!!

Como cada ano, a celebración dos "Maios" segue a estar moi presente no noso colexio.
Así preparamos os nosos colgantes de flores:






E así de guapos os lucimos!




Mesmo nos fixeron un pequeno oco nos informativos da TVG para falar desta tradición ancestral!

02 mayo 2013

Caracolas!!!! Espiñeiriña?

Hoxe, Mara tróuxonos unha caracola moi bonita e explicounos que seguramente foi o fogar dun caracol ou dun "Caranguexo Ermitaño".


O noso conserxe Valente tamén participou na nosa investigación sobre o mar e tróuxonos un cabaliño de mar...ou como mellor o coñecemos nós...ESPIÑEIRIÑA!!!! que é mascota da biblioteca do cole.
Que bonitiño é!!