Esta semana, o alumnado de E.I quixemos homenaxear á nosa querida castaña meténdonos "mans á masa" para cociñar unha "TORTA DE CASTAÑAS", non sen antes pasar polo supermercado xaquelogo non dispoñíamos de todos os ingredientes.
Unha vez revisados, puxémonos en camiño
E mercamos o que nos faltaba: ovos, fariña e azucre (xa que as castañas foron proporcionadas polas familias).
Velaquí vos deixamos un resumo en imaxes desta grata experiencia que, sen dúbida, nos deixou un DOCE SABOR DE BOCA!