BENVIDA resultou a entrada da primavera, xa que os nenos e nenas de infantil puidemos realizar múltiples experiencias en contacto coa natureza, observando a súa vez os cambios que experimentaba a nosa contorna.
Celebramos os maios cun gran obradoiro e saímos a lucir as nosas coroas, colares e pulseiras, feitas con pampillos, polas rúas da parroquia de Aldán.
Tamén tivemos tempo de plantar na nosa horta contruibuindo, un ano máis, ó mantemento e respecto do noso planeta con boas accións. Así, convertímonos en agricultores/as:
"Aquí sufrimos un pequeno imprevisto coa mangueira... que pronto solucionamos ; )"
Para observar as diferenzas no proceso de plantación, tamén empregamos un sementeiro que se atopa no corredoiro, xunto as nosas aulas. Cada día observamos a súa evolución e velamos polo seu mantemento. Só esperamos que o noso traballo dea os seus froitos : )
Por outro lado, xa brotaron as follas da moreira do cole e case ó mesmo tempo naceron as nosas eirugas, que xa teñen que comer! Co paso das semanas vanse facedendo máis grandes e estamos expectantes e atentos á súa evolución. Dispoñemos de luvas, lupas, follas de moreira... indispensable para garantizar un bo mantemento e, en consecuencia, a supervivencia dos bechos.
Nós continuamos aprendendo e realizando múltiples actividades e novas experiencias... Manterémosvos informad@s.
Ata a próxima!!!