Durante a segunda semana de marzo, celebramos no cole a semana da prensa e o día da muller traballadora.
Esta vez queremos contarvos como o vivimos e sobre que traballamos dunha forma máis directa, especial e de primeira man:
29 marzo 2017
22 marzo 2017
SAÍDA A VIGO: OBRA TEATRAL "PAXARO AMIGO"
O día 7 de marzo os nenos e nenas de Infantil e de 1º e 2º de Primaria, fomos a ver unha obra de teatro a Vigo. Gustounos moito saír do cole, montar en autobús e, por suposto, poder gozar da excelente obra de teatro onde tod@s participamos cantando as cancións de "Mamá Cabra".
Así de expectantes estabamos previo a obra:
E así de contentos saímos e baixamos cara a Alameda da Praza de Compostela en Vigo, onde nos esperaba o autobús.
A meteoroloxía non nos permitiu facer máis actividades polo exterior, pero..., teremos máis ocasións!
Ata a próxima!!!
10 marzo 2017
BICHERÍA NA ESPIÑEIRA
A temática do noso entroido este ano foi sobre os BECHOS, e os de infantil fomos tod@s de BOLBORETAS.
Nós participamos na elaboración do disfrace cuxa base era de material de refugallo. Logo, decorámola con pintura e goma Eva para adornala e que collera feitura de bolboreta.
Contentos co resultado, o día 24 de febreiro saímos a lucir os nosos atuendos polas rúas de Aldán, ó ritmo das gaitas por un lado, e polo outro, gozando dos sons carnavaleiros que dende o seu coche nos emitía DJ Valente.
A foto da bichería xunta non podía faltar á chegada ó cole:
Tamén tivemos tempo para os doces típicos de entroido elaborados polos nosos familiares! Moitas grazas!!! Un carnaval sen larpeiradas non sería o mesmo!
Ah, tamén queremos ensinarvos os guap@s que estabamos o día anterior, onde cada un/ha de nós foi disfrazado do que quixo.
Con obradoiro de caretas incluído:
Como nos gustan estas festas e que pronto acabaron!
Ata a próxima!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)