Como primeira achega a nova unidade que estamos a traballar comezamos por identificar os 5 sentidos do noso corpo, os nenos e nenas gozaron dunha actividade de coñecemento de distintos olores, sabores, texidos, sons...
23 febrero 2011
Cumpreanos de Angel
Cantos aloumiños no día da celebración do cumpreanos de Angel ! Podedes descargar e ver as imaxes no noso album picasa na zona de descargas.
Unha aperta
Unha aperta
Unidade Dos Alimentos, Xogos Interactivos
Hoxe comezamos a Unidade dos Alimentos con este xogo de orientación espacial do Proyecto Agrega. Trátase dun xogo moi divertido onde teremos que orientarnos no supermercado para buscar a un pequeno e simpático amigo, pesar alimentos nunha báscula... pincha sobre calquera dos enlaces situados nas palabras sinaladas e nas imaxes e practicade na casa.
Como ya nos informan en dicho blog, se trata de ir al mercado, podemos elegir 18 productos que iremos colocando en el carro. cuando hayamos acabado pasarán por una máquina que nos evaluará. El juego es muy educativo para analizar las dietas del alumnado.
17 febrero 2011
Canción do mes de Febreiro sobre o Inverno
Dende o Equipo de Dinamización Lingüística, a canción do mes de Febreiro trata sobre o Inverno, aqui tedes a música e a letra para practicala na casa, ós nenos e nenas de Educación Infantil encántalles. Unha aperta.
O PARAUGAS DO XOSÉ
O paraugas do Xosé
é un paraugas moi maliño,
se lle caen catro gotas...
xa te pos moi molladiño.
Por iso unha rapaza,
por pingando que ela esté,
nunca se porá debaixo...
do paraugas do Xosé
E o que é meu, i-é teu,i-é meu,
e o que é teu, i-é meu, i-é teu,
i-eu non quero que vaias dicindo,
que tumba, que dálle, que tal que sei eu.
(bis)
O PARAUGAS DO XOSÉ
O paraugas do Xosé
é un paraugas moi maliño,
se lle caen catro gotas...
xa te pos moi molladiño.
Por iso unha rapaza,
por pingando que ela esté,
nunca se porá debaixo...
do paraugas do Xosé
E o que é meu, i-é teu,i-é meu,
e o que é teu, i-é meu, i-é teu,
i-eu non quero que vaias dicindo,
que tumba, que dálle, que tal que sei eu.
(bis)
15 febrero 2011
Folerpa, a nosa Moneca de Neve
Todos os días traballamos sobre distintos elementos do Inverno, nesta semana o tema a traballar foi a neve e como derivación deste centro de interese as "Folerpas" por iso, fixemos no noso recuncho da fantasía unha manualidade sobre un nova amiga: Folerpa, a nosa moneca de neve. Esperamos que vos guste.
14 febrero 2011
O conto das Vogais
Os nenos e nenas de 4 e 5 anos contáronos o conto das vogais ós nenos e nenas de 3 e 4. Ós pícaros gustoulles moito esperamos que a vos tamén.
Unha aperta
03 febrero 2011
Atopamos unha Píntega
Que susto! nos aseos do polideportivo apereceu unha Píntega, o profe Xurxo meteuna nunha caixa con moito coidado xa que, como aprendimos non se lles pode tocar a pel porque o seu veleno é moi malo para nós. Aprendemos moitas cousas sobre este pequeno e fermoso reptil que despois de ollealo, deixamolo na nosa charca da escola para que puidese vivir feliz nun entorno apropiado para este tipo de animais.
Aqui tedes as imaxes, unha aperta.
Aqui tedes as imaxes, unha aperta.
Etiquetas:
Natureza,
Proxecto "A Charca"
Fantástico Día da Paz
A nosa celebración do día da paz foi un éxito, a tómbola e a carreira solidaria por Haití contaron coa colaboración de todos e todas e disfrutamos moito, por unha boa causa.
Aqui vos deixo as instantáneas do día. Podedes atopalas para descargar no enlace da dereita unha aperta e grazas pola vosa colaboración.
Etiquetas:
Días de Obrigada Conmemoración
Suscribirse a:
Entradas (Atom)