28 febrero 2010
Cumpreanos feliz
Os nenos e nenas da clase de 3 anos van cumplindo anos e estamos encantados de celebralo todos xuntos.
Este mes foi o cumpreanos de Zaira, Judith e Adrián e por iso construimos unha tarta e todos cantamos o cumpreanos feliz mentres sopraban a súa vela.
¡FELICIDADES!
Aprendemos novas palabras
¡Moitas Grazas! ¡pola vosa colaboración nestes primeiros días do noso Proxecto!
Aqui podedes ver a nosa caixa pirata que xa comeza a ter un montón de recursos para empregar na nosa investigación, Zaira trouxun parche, un garfo e unha bandeira pirata que nos foi de moita axuda e a través dos contos coñecimos moitas palabras novas que imos anotando na nosa pizarra.
Unha de esas novas palabras e a palabra : MOTE. Como sabedes os piratas sempre teñen motes como : o pirata cara de lata, o pirata pata de pao... por iso nesta semana e ca vosa axuda os nenos e nenas de 3 anos deben buscar a seu MOTE PIRATA ca vosa axuda para despois facer un mural na nosa aula.
Premede enrriba da foto para ver todas as que hai.
Agradézovos de anteman a vosa colaboración.
Unha aperta moi forte.

Comezo do Proxecto |
Proxecto Pirata
¡Moi Boas! ¡xa estamos de volta!
Nestes días poderedes atopar no lado esquerdo do noso blog un enlace onde poderedes ver todos aqueles proxectos e activdades que fixemos durante o primeiro trimeste como: o noso taller de cociña, a proxecto do corpo humano, a celebración de distintas festas como: samaín, nadal, o día dos dereitos humanos...
Neste novo trimestre os alumnos/as de 3 anos con axuda dos de 4 e 5 levaremos a cabo un proxecto chamado: "Somos Piratas" este proxecto foi elexido democráticamente polos nenos e nenas de tres anos de idade e por iso precisamos toda a vosa axuda e colaboración.
Para comezar precisamos que mandedes á nosa aula todas aquelas cousas que teñades na casa que poidan ser útiles para a nosa invesitgación a cerca dos piratas: roupas, sombreiros, contos, comics, debuxos...
Moitas Grazas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)